sábado, 23 de abril de 2011

XOVES 28 às 20h: Presentación DVD "Es Hora de Actuar"


O xoves 28 de abril, ás 20h, proxectaremos o DVD "Es Hora de Actuar", un documento creado con fins informativos que recolle toda unha campaña de accións que se levaron a cabo dende o ano 1999 contra Hungtindon Life Sciences (HLS), unha das maiores empresas de experimentación animal.
Segundo declara un director executivo da empresa no 2009, se non é pola axuda financeira de USA, HLS ía quebrar...

Este DVD ademais é un instrumento para recaudar fondos destinados a individuos que se atopan en prisión.

Información do DVD:
· Titulo: Hora de Actuar [Time for Action]
· Duración: 1hora e 8 min aprox.
· Idioma: Inglés subtitulado ao castellano.
· Imaxes: Protesta contra o proovedor de pequenxs mamíferxs de HLS en Inglaterra (portada) e pintada na sede de Novartis en Barcelona durante unha manifestación contra a farmacéutica pola su relación con HLS (contraportada).

martes, 12 de abril de 2011

Inauguramos unha biblioteca anarquista en Compostela

Ola xente!!!
Con moito ánimo, puidemos por fin inaugurar a finais do mes pasado a Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla". Un espazo de encontro, de debate e de leituras anarquistas e de moitas outras idiosincrasias... Porque diso se trata, de poder ler e adentrarse neste universo de palabras, pensamentos e sensacións que poidan espertar en cada unx de nós un sinfin de posibilidades... É importante abrir ben os ollos e as miradas a este universo para poder así espertar en nós memxs a capacidade de analizar e reflexionar sobre a sociedade e os seus comportamentos, a crítica e a autocrítica que tanta falla nos fai, se de verdade aspiramos a unha nova vida, unha nova sociedade.
Comecemos por matar ao policía que levamos dentro.

As "Ghavillas" eran grupos de bandoleiros que se organizaban para asaltar e roubar as propiedades dxs señoritxs, dxs curas, de enriquecidos taberneiros...  Un termo asociado á Galiza do século XIX, perdido cos vindeiros tempos de benestar, foi o que escollimos moitxs dxs enfrascadxs neste proxecto, porque definía moi ben esa única actitude plausible para nós, que é a desobediencia a un sistema e suas institucións executadoras que só serven para aniquilar toda iniciativa individual e/ou colectiva a base de adoctrinamento e disciplina, normas e leis, represión e castigo...

Nós somos anarquistas, e por iso mesmo, queremos acabar con el.
Por este motivo era necesaria esta biblioteca, e moito máis nesta cidade de cultura elitista e predeseñada, era necesaria, como unha das ferramentas para emprender o noso obxectivo. A difusión, un espazo onde poder levar a cabo diferentes actividades antiautoritarias, onde poder debatir e deixar fluir a libre creatividade...

Isto só é un comezo...


Benvidxs todxs á Ghavilla!!!


Durante este mes e por motivos de infraestrutura, xa que o local está ainda en construcción, e ainda non funciona o préstamos da biblioteca, informamos que os horarios fixaránse nos vindeiros días, e polo momento son provisionais e pódense incumprir.

Sentimos as molestias

Pases de video os martes

Tentaremos facer pases de video todos os martes a partir das 18h. Este é o programa de abril: