martes, 16 de octubre de 2012

Luns 29 Outubro .- Palestra sobre Non Violencia e Guerra Social e Presentación do libro: "Guerra Social, Tensión Antisocial"

" A Sociedade non tan só tenos ensinado a aceitar a explotación e a xerarquía, senon tambén tenos adestrado para luitar de tal xeito que non sexamos quen de destruir o sistema do Poder, e que só saibamos reformalo mudando as máscaras.

Por unha banda, a Non-Violencia é imprescindíbel para que o Estado manteña o seu monopolio da forza, e pola outra banda, o concepto occidental do individuo e da libertade que se levan no seno de movimentos, incluso revolucionarios, evita calquera ruptura profunda co esquema de dominación.

Estamos colonizadas sen sabelo, ensinadas a reproduzir o Poder mesmo cando nos revelamos".

A charla xirará en torno ao apontado nos libros "Como la No Violencia Protege al Estado" , "23 Tesis en torno a la revuelta"  e "Guerra Social, Tensión Antisocial", este último, acabado de sair e que será apresentado con tal motivo.  

(podedes descarregarvos os dois primeiros nos enlaces aos que vos levan se clicades sobre eles)