sábado, 7 de diciembre de 2013

Martes 10 as 21:00' Maratón de Curtas no Cinema-Forum Anarquista. Pase Especial Fin de Ano 2013. Continuará...

Como despedida do Cinema-Forum deste ano 2013 oferecemos unha maratón de curtas variadas que, con unha duración total de algo máis de 2 horas e meia, comezará as 21:00' e visionaremos 10 curtas de diferentes temáticas e técnicas, que esperamos sexan do agrado de todas (faremos paradas para falar e outras necesidades).

Dicer que voltaremos en xaneiro con novas propostas e proxeccións nos martes. Recordamos que estamos abertas a suxerencias. A tal efeito tendes o enderezo do noso correo na coluna direita deste blogue, ou mesmo podedes aportalas na biblioteca nos días de Cinema.

Esta é a listaxe de filmes a proxectar con unha breve sinopse de cada un dos documentais, a súa temática, autoria, país de realización, ano e duracción aproximada:

domingo, 1 de diciembre de 2013

Martes 3 decembro as 21:00'.- "O honor das inxurias" (Carlos García-Alix, 2007) no Cinema-Forum

Sinopse:

É o testemuño dunha obsesión, a busca apaixonada dun vello pistoleiro anarquista, Felipe Emilio Sandoval, alcume Doutor Muñiz (1886-1939). Nacido nos arrabaldes de Madrid e albanel de profesión, a súa vida vai unida á fe nun sono redentor: a revolución social. Por ela converterase primeiro nun famoso atracador e home de acción e logo, durante a guerra civil, nun asasino desapiadado.

Pareceunos interesante replicar un comentario aparecido nun xornal, baixo a autoría de Rocío García. Citamos:

A vinganza foi un dos eixes da súa vida. A sombra máis profunda dunha derrota. Nacido pobre no barrio das Aldraxes de Madrid, de pai descoñecido, foi albanel, axuda de cámara nunha nobre familia de París, atracador, anarquista e delator. Felipe Sandoval, coñecido como Doutor Muñiz, foi o verdugo revolucionario nos anos da Guerra Civil en Madrid. Dirixente da temida checa anarquista, centro policial instalado no Cinema Europa do barrio de "Cuatro Caminos", ocupou portadas dos xornais da época. A honra das aldraxes, longametraxe documental dirixida polo pintor e escritor Carlos García Alix (León, 1957), rescata a figura deste home alto, famélico, de mans grandes, cortés, reservado, sempre vestido de gris ou negro, que se converteu en toda unha lenda ao máis puro estilo gansteril. Aos seus 52 anos, Sandoval xa era un home envellecido e gravemente enfermo de tuberculose. Detido nada máis rematar a Guerra Civil, quitou a vida e ninguén reclamou o seu cadáver. O 6 de xullo de 1939 foi enterrado nunha tumba de terceira do cemiterio do Leste, en Madrid. Nacera o 26 de maio de 1886 no barrio de "Las Injurias". Madrid estaba de festa. Nove días antes nacera o herdeiro á coroa, que logo chegaría a reinar baixo o nome de Alfonso XIII.