sábado, 25 de enero de 2014

Martes 28 Xaneiro as 21:00' .- "La Cecilia" no Cinema-Forum Anarquista

A raiz dunha entrada no site de DiárioLiberdade que recolle esta valoración do filme "la cecilia" do blogue brasileiro Naúfrago da Utopia que titula: "O Blogue Orgulhosamente Apresenta um Filme sobre a Colônia Cecília" do que colamos un extracto para animar a acodir este vindeiro martes as 21:00' á Ghavilla para visionalo en pantalla grande con son amplificado e boa compañía, e se xurde, posterior debate.

Mais antes decir que este Cinema-Forum seguirá no mes de febreiro, onde imos proxectar varios documentais ao respeito das luitas veciñais, para o que xa temos contactado con Xosé Bocixa para que estexa con nós en 11 de febreiro no que visionaremos o seu documental "As Encrobas. A ceo aberto" realizado en 2007 sobre a desaparición física da parroquia de Encrobas, devorada pola mina de lignito que Unión Fenosa explota desde o ano 77 e na que Bocixa revive 30 anos despois o que se diu en chamar "A Revolta das Encrobas", mais disto xa falaremos, pero ide tomando nota.

Colamos pois a crítica de "La Cecilia":

O filme La Cecilia (d. Jean-Louis Comolli, 1975) resgata um episódio histórico pouco conhecido entre nós, embora aqui transcorrido (no Brasil, NdeAG): a implantação de uma colônia rural no Paraná, por parte de anarquistas italianos.

O experimento durou cerca de quatro anos, entre 1890 e 1893. Houve muito entusiasmo no início, mas depois foram aflorando os problemas que acabariam levando à extinção da colônia.

lunes, 20 de enero de 2014

Martes 21 de Xaneiro as 21:00'.- Documental "Da Servidume Moderna" no Cinema-Forum Anarquista

“Toda verdade pasa por tres estadios.
No primeiro, ela é ridicularizada.
No segundo, é rexeitada con violencia.
No terceiro, é aceptada como evidente por si mesma.”
Schopenhauer

"Da Servidume Moderna" é un documental de 52 minutos con realización e texto de Jean-François Brient e edición de Victor León Fuentes, realizado a partir de imaxens desviadas, esencialmente orixinarias de filmes de ficción e de documentales transixentes con o sistema tais como “O clube da luita”, “Réquiem por un soño”, “Memorias do saqueo”, ..., “Da servidume moderna” en 20 capítulos de corta duración, con apartados ben delimitados, vai analizando as miserias deste sistema baseado na supeditación do diñeiro e fai meditar ás espectadoras sobre a súas propias condicións de escravas modernas no marco do sistema totalitario mercantil e dar a coñecer as formas de mistificación que ocultan a sua condición de servas. Mais, por favor, non o tomedes todo o que di ao pé da letra. Analizadeo, meditadeo e, despois, e se vos resulta plausible, acatadeo. Nunca ao revés.

As seguintes palabras dos seus autores están extraídas da web deste documental:

jueves, 9 de enero de 2014

MARTES 14 XANEIRO as 21h. Re-inaugiramos o Cinema-Forum Anarquista con o documental "Nestor Makhno: Un Campesino de Ucraína"

(1996) Hélène Chatelain, a directora do documental "Néstor Makhno, un campesino de Ucraína", narra os avatares do movimento makhnovista e recolhe as testemuñas de historiadores e familiares dos seus protagonistas que, despois de ser silenciadas durante anos baixo os gobernos chamados “comunistas”, recobran a palabra e lémbranos o que o poder quiso silenciar.

Na historia de calqueira estado, país ou nación, hai sucesos e discursos que os sucesivos gobernos trataron de borrar por todos os medios. Entre eles, probablemente, o “makhnovismo” sexa un dos máis golpeados polo olvido interesado.

A revolución rusa foi un levantamento do pobo contra o poder establecido, un berro dunha multitude farta do sistema imperante con un ánsia nova e cheia de ideais que cumprir. Como toda revolución, non foi monolítica, non tivo unha so ideoloxía detrás como defenden algunhas mentes apalancadas nas doctrinas comunistas de hai un século, maiormente no leninismo e no stalinismo, e unha das ideoloxías con maior presencia no pobo foi, sen dúbida, o anarquismo, especialmente no sur de Ucraína, onde brotou con forza e gloria, no que algunhas consideran a primeira experiencia efectiva do anarquismo, en 1917.

Na altura, criaranse comunas libres, sen goberno, aplicando de forma efectiva as ideas de Proudhon, Bakunin e Kropotkin... O territorio “anárquico” ocupaba inicialmente arredor de 260 kilometros cadrados, cheio de comunas autogobernadas e autoxeridas que, unha vez comenzada a revolución rusa, ergueranse como unha máis das forzas armadas revolucionarias, e fora coñecida como o Exército Negro.

Este Exército Negro fora dirixido por Nestor Makhno, quen defendía a autonomía dos pobos ao tempo que ia liberando progresivamente máis comunas campesinas do xugo do estado e das forzas armadas da reacción. Era integrado por campesinos das comunas que se enrolaban voluntariamente, pero baixo ningunha circunstancia tiña control sobre as decisións das comunas, distritos e rexións do territorio libre, que chegou a ocupar todo o sudeste ucraniano, a ribeira do Mar Negro e a península de Crimea, na que moraban un total aproximado de sete millóns de persoas.

De 1917 a 1921 Ucranía vivira o entusiasmo revolucionario que levou á caída do zarismo. O exército de Néstor Makhno (1889-1934) combatira a ocupación de tropas alemanas, enfrentarase aos nacionalistas ucranianos que pretendían un novo Estado e luitou contra os exércitos zaristas.

Despois da revolución de outubro, a consigna bolchevique: "A terra para os campesinos, as fábricas para os obreiros", produzira grandes ilusións nos medios anarquistas, pero esas ilusións virianse rápidamente por terra ao xurdir o verdadeiro carácter do partido bolchevique e da súa revolución “de arriba a abaixo”, polo que Makhno pasa a ser considerado como un dos “inimigos que hai que eliminar” e pasa a ser presentado polos bolcheviques como un simple e vulgar bandido, fanático e cruel; e a consecuencia delo, Makhno e outros sobrevivintes tiveron que fuxir ao exilio.